|
Obxectivo do plan
A Deputación de Pontevedra pretende, no marco do presente Plan, definilas liñas de traballo do organismo provincial para os próximos anos coa finalidade de situar á provincia de Pontevedra entre os territorios de referencia a nivel rexional, nacional e internacional.
Dende a Presidencia do organismo provincial considerouse necesario iniciar un proceso de reflexión estratéxica conxunta coas institucións, empresas e sociedade civil en xeral da provincia de Pontevedra, como medio para logralos devanditos obxetivos xerais de desenvolvimento.
Os obxetivos concretos propostos coa realización do Plan Estratéxico son:
Reforzala colaboración e implicación con outras institucións e axentes sociais
Identificalas necesidades e líñas de traballo a nivel provincial
Seleccionar actuacións prioritarias, transformando as liñas de traballo en proxectos concretos
Reforzala posición competitiva da provincia, dende unha perspectiva de desenvolvimento sostible e equilibrado.
|